Hoxe en día, existen gran variedade de ferramentas para establecer a comunicación entre os colexios e as familias.
O noso centro, opta por unha plataforma na que existe unha comunicación entre pais, nais e o colexio en tempo real, sin que sexa visible o seu número de movil.
Esta é unha canle de comunicación interna do centro educativo, xa que a través dela, establecemos un nexo de unión cos pais e nais; facendo fincapé nas circulares, titorías, avisos e reunións, de tal xeito, que a información sexa bidireccional.
Cumpre todas as normas de seguridade e privacidade, entre os seus usuarios.
Consideramos que a comunicación entre pais, nais, profesores e alumnos e alumnas, é imprescindible para garantir o éxito nas súas aprendizaxes.
