Información fin de curso

LUNS 27 DE XUÑO
Entrega dos boletíns da avaliación final. Fan a súa entrega os titores nas aulas correspondentes dentro do seguinte horario:
1º ESO: 10:00 h a 11:00 h.
2º ESO: 11:00 h a 12:00 h.
3º ESO: 12: 00 h a 13:00 h.
4º ESO: 13:00 h a 14:00 h.
O alumnado que non poida recoller o boletín na hora asignada ten que contactar co centro educativo.
MARTES 28 DE XUÑO /MÉRCORES 29 DE XUÑO
O alumnado que desexe ver algún exame ou ter as aclaracións oportunas respecto o seu proceso de avaliación final pode facelo de 9:30 h a 11:00 h.
De existir desacordo coa calificación obtida nunha materia, o alumnado ou as persoas proxenitoras ou quen desempeñe a representación legal deben cubrir un impreso en secretaría. De non existir unha rectificación da cualificación outorgada, o alumnado ou as persoas interesadas poden solicitar que a dirección do centro remita o expediente de reclamación a Xefatura Territorial de Ourense por desacordo coa resolución das súas calificacións.