O TEI é un programa de convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar, é institucional e implica a toda a comunidade educativa. Ten como obxectivo básico mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias, orientadas á mellora ou modificación do clima e a cultura do centro respecto da convivencia, conflito e violencia (física, emocional ou psicolóxica)
Considera a participación activa dos iguais como elementos básicos do proceso de prevención e intervención en situacións de violencia e acoso escolar:
En secundaria os alumnos de 3º curso son titores emocionais dos de 1º.
