Actividades extraescolares

As actividades que se desenrolan no colexio mercedario de Verín son un complemento para a formación integral dos alumnos e alumnas.

O seu principal obxectivo, é de sociabilizarse e de ter a oportunidade de demostrar as súas habilidades nun entorno lúdico e familiar.

Todas son levadas a cabo no centro fora do horario escolar.

Cada ano se facilita ós alumnos e alumnas una ampla gama de actividades que escollen segundo os seus intereses persoais.

Entre elas destacan:

Deportes

As actividades deportivas fomentan nos alumnos/as hábitos de vida saudable axudándolles na construcción da súa personalidade.
Asimesmo, o deporte induce a capacidade de traballar en equipo, as relacións sociais, a seguridade e a prevención de enfermidades.
Entre outros destacan: fútbol, fut-sala, baloncesto, atletismo, pin pon, patinaxe…

Educación dixital

Pretendemos dar resposta ás necesidades actuáis, nas aulas dotadas de medios informáticos e electrónicos: emprego de plataformas virtuais, Excel, Word

Artes

A pintura ao óleo, acuarela, decoracións, estimulan a comunicación, a creatividade, a sensibilidade e aumenta a capacidade de concentración e expresión.

Cociña

Master cociña sinxela

Creación de Podcast

Outubro
Preparación de guións, entrevistas, locución y técnicas de gravación dixital de audio.

Ferramentas dixitais

Novembro
Uso práctico de Word, PowerPoint, Excel, correo electrónico e traballo colaborativo en Google Drive.

Creamos o Noso Produto

Decembro
Deseño dunha idea innovadora: creación de marca, estimación de custos e estratexia de promoción.

Deseño de Escape Room

Xaneiro
Creación de narrativas, crebacabezas e enigmas, e preparación do espazo para outros participantes.

Reto Deportivo

Febreiro
Deportes de equipo e actividades cooperativas: fútbol sala, baloncesto, voleibol, pádel e circuítos.

Do Guión á Pantalla

Marzo – Abril
Produción integral dunha curtametraxe: guionización, interpretación, gravación e edición.

Traballo no Ximnasio

Abril – Maio
Iniciación segura ó acondicionamento físico mediante cargas adaptadas á idade e unha técnica correcta.

Creatividade e Benestar

Maio
Peche do curso con expresión artística e actividades orientadas ó benestar (pintura e barro).