Ideario

  • Queremos formar persoas: con capacidade de reflexión, iniciativa, creatividade e inquietude polo saber; con sensibilidade crítica, para enxuizar a realidade na que viven; con unha conducta responsable que respecta a liberdade dos outros.
  • Unha persoa con capacidade para afrontar o compromiso de ser suxeito activo da súa propia historia, asumindo a realidade concreta do lugar no que vive; con aceptación do seu traballo como medio de realización persoal, en colaboración co  plan de Deus por un mundo máis xusto e fraterno.
  • Unha persoa libre e responsable, que encontra a verdadeira felicidade en vivir para os demais; cunha vida de relacións saudables, positivas e fraternas con todos e todas; que superando o individualismo sexa sensible ó comunitario.
  • Unha persoa que vive aberta a  trascendencia e, máis en concreto, ó misterio que se nos revelou en Cristo – Xesús.
  • A finalidade da misión educativa mercedaria é ofrecer formación integral e liberadora, de tal xeito que  acción educativa e o testemuño de educadoras e educadores sexan unha invitación constante a crecer en liberdade, segúndo o evanxelio.
  • Por iso, apostamos por unha educación liberadora que abre as persoas ó uso responsable da súa liberdade persoal  e ó respeto a  liberdade dos outros.

Obxectivos xerais

Ademais o noso equipo docente desexa que os nosos alumnos/as ó final desta etapa, sepan desenvolverse dunha maneira física, afectiva, cognitiva, social e espiritual. E tamén para conseguir incorporarase a estudos superiores ou mesmo para súa inserción laboral poidan adquirir elementos básicos da cultura, artísticos, científicos e tecnolóxicos.

Por outra banda:

  • Aprender a ser resposables coñecer, exercer os seus dereitos, ser tolerantes practicar a cooperación e a solidaridade.
  • Facer uso do diálogo, valendo os dereitos humáns así como os valores comúns dunha sociedade plural e prepararse para a sociedade democrática actual.

Obxectivos específicos

  • Consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo a través da motivación e o respecto, o que lles permite establecer  un traballo individual e, en equipo, cunha mellora da eficacia das tareas de aprendizaxe.
  • Rechazar a discriminación entre sexos e respectar a diferenza dos mesmos e a igualdade de dereitos e oportunidades.
  • Rexeitar a violencia de calquera tipo e comportamentos sexistas fortalecer as relacións entre as persoas dunha maneira pacífica e fomentar as capacidades afectivas.
  • Desenrolar destrezas básicas para o manexo das diferentes fontes de información, de tal xeito, que con sentido crítico adquirir novos coñecementos e saber discernir para manter a propia autonomía persoal. Adquirir unha preparación básica no que se refire o campo das tecnoloxías da información e da comunicación.
  • Coñecer e aplicar os coñecementos matemáticos para identificar os problemas en diversos campos da experiencia diaria da vida.
  • Promover un estilo de traballo que favoreza a implicación persoal. Ademais desenrolar un espíritu emprendedor cun sentido crítico iniciativa persoal e capacidade para aprender a aprender tomar decisións e asumir responsabilidades.
  • Comprender e expresarse na lingua galega e castelán con corrección tanto oral como por escrito para convivir e resolver conflictos e iniciarse no estudo e lectura da literatura.
  • Coñecer o corpo humán aceptalo propio e o dos demais, respectar as diferenzas. Valorar os hábitos sociais relacionados coa saúde o consumo e o coidado dos seres vivos e o medio ambente contribuindo a súa conservación e mellora.
  • Apreciar a creación artística nas súa amplitude e variedade. Ademais fomentar a capacidades creativa utilizando diversos medios de expresión.
  • Respectar e conservar o patrimonio artístico de Galiza.