A figura do orientador, xa non é nova nos centros de hoxe en día, a súa labor é ben recoñecida, polos alumnos/as da actualidade.

Grazas o coñecemento a nivel pedagóxico, psicolóxico, estratéxico e mediador, poñemos moita atención no compoñente emocional dos alumnos/as poñendo especial atención no que se refire a autoestima e autoconcepto, traballando expectativas propias e alleas, coñecemento das variables que inciden nelas, así como un axeitado autocoñecemento.

Para isto, no mundo en que nos movemos, é imprescindible a identificación e manexo das súas emocións e sentimentos que experimenta en relación cun mesmo e cos demais, así como o entrenamento na autorregulación .

Horario de atención a pais en nais:

  • Xoves: 12:00 – 14:00

OrientaLine

Como orientadores temos catro funcións ben definidas, que se poden resumir en:

1º Ofrecer os apoios necesarios para lograr o mellor de cada alumno/a: Identificar as necesidades educativas, asesoramento psicopedagóxico ao profesorado e as familias, a coordinación con recursos internos e externos ao centro, para una mellor atención cara o noso alumnado e dar unha resposta axeitada e de calidade á complexa realidade educativa actual.

A responsabilidade orientadora no colexio Mercedario de Verín, consiste en facilitar, na medida do posible, os medios e axuda educativa necesaria para que o alumnado afronte axeitadamente a tarefa de coñecer e elexir os mellores camiños para a súa realización persoal tomando decisións responsabeis ao longo das distintas etapas educativas con respecto ao seu futuro académico e profesional

A función principal dos orientadores, é identificar as necesidades educativas:

  • No centro,
  • Nas aulas
  • E nos alumnos/a

Xunto cos profesores e titores, detectamos as necesidades educativas en xeral, e as necesidades de apoio específico en particular. E para iso levamos a cabo a avaliación psicopedagóxica, compartida con outros profesionais, pero que finalmente nós “asinamos”.

2º Asesoramento psicopedagóxico tanto ao equipo directivo como a profesores/as, o que implica ofrecer criterios, pautas, fundamentos, recursos pedagóxicos e psicolóxicos. Estes criterios utilízanse para tomar as decisións adecuadas. Non indicamos a dirección a seguir; proporcionamos información para que se tomen decisións xa que, en última instancia, os orientadores non temos un “poder executivo”.

3º As familias, é o primeiro dos axentes educativos. Asesoralas e prestar apoio, forman parte do núcleo da nosa profesión.

4º Coordinación de recursos internos e, sobre todo, externos aos centros.

A coordinación con servizos médicos, como pediatras, neuropediatras, con servizos sociais e con outros recursos comunitarios, forma parte do noso traballo: distribuír e compartir obxectivos e información.

Pero, o máis importante na nosa labor, e condición imprescindible para poder realizar estas funcións de maneira adecuada, é a “formación continua”.

Como orientadores e orientadoras estamos obrigados a seguir estudando, a estar ao día en cuestións psicopedagóxicas, xa que se o mundo, a sociedade cambia a unha velocidade vertixinosa.

A educación, como promotora de cambios na sociedade, non se pode quedar atrás en metodoloxías e recursos actualizados, por iso, non debemos perder o tren do coñecemento.