A Orde da Mercé fundouse na catedral románica de Barcelona, o 10 de agosto de 1218. O seu Fundador, San Pedro Nolasco, cun grupo de laicos cataláns, e co  apoio do xoven Rei Xaime I, e do Arzobispo Berenguer de Palou, levou a cabo a creación dunha Orde Laical para a redención de cautivos cristiáns.

O Papa Gregorio IX, dende Perusa, confirmou solemnemente a Orde da Mercé o 17 de xaneiro do 1235. Tivo Constitucións propias dunha Orde Laical, e seguiu a Regra de San Agustín.

Na Asamblea electiva, os 259 frades mercedarios -laicos e clérigos- manifestan o seu desexo maioritario en escoller  un xeral clérigo, no 1317, un século despois da fundación. Raimundo Albert, novo xeral, mandou redactar novas Constitucións (1327). Dende entonces, a Mercé é canónicamente Orde clerical, ainda que admita «irmáns segrares como Relixiosos», na  igualdade fraterna.

Cálculase que a Orde da Mercé, ata vésperas da Revolución Francesa, redimiu uns 70.000 cativos. Os bens que posuía eran, na realidade, bens para a redención. En virtude do seu «cuarto voto», cada mercedario profesaba «permanecer  en rehéns, si fose preciso, no lugar dun cativo, sobre todo si súa fe peligraba». Hoxe sigue vixente este cuarto voto.

Hoxe en día, nas chamadas «novas formas de catividade», segue ocupándose, con preferenza entre os refuxiados, exilados, inmigrantes, prisioneiros, «Meninos de rúa» (Brasil), e de aqueloutros que están faltos de libertade, ou cuxos dereitos fundamentais son conculcados.

Xa dende o segunda viaxe colombina, ía , polo  menos, un mercedario -según Mártir de Anglería- como Capelán do Almirante. Dende 1514 existe un convento en santo Domingo. Despois  créanse xa Catro Provincias que, a súa vez,  organízanse en Doctrinas. Dúas características propias:

  1. A Mercé colaborou, ca prata que chegaba de América, a redención de cativos.
  2. Logrou que arraigase profundamente a devoción a María da Mercé.

Culturalmente baste decir que a Mercé tivo Catedráticos nas mais célebres Universidades de España, Francia e América. Entre os persoaxes máis destacados figura o famoso dramaturgo TIRSO DE MOLINA (Fray Gabriel Téllez), autor de máis de 400 comedias, «Cigarrales de Toledo»(1624), «Deleitar aproveitando»(1635), «Historia da Orde», manuscrita e editada no 1974 en dous grosos volumes. Outros: Alonso Remón, Interián de Ayala, cofundador da Real Academia da Lingua (século XVIII), Xan Suárez de Godoy, Francisco Zumel (Teólogo salmantino do século XVI), Xerónimo Pérez, profesor dos primeiros Xesuitas, Gaspar de Torres e Melchor Rodríguez de Torres, Obispos e místicos, escritores ambos, que trataron a Santa Teresa, etc.

A igrexa recoñece, honra e venera á Stma. Virxen María, principalmente, co  título de nai: Nai de Deus e Señor Xesucristo,  Nai da igrexa, de tódolos homes, xa que a redención de Xesucristo é universal e tódolos  homes son chamados  a pertencer ó pobo de Deus, á Igrexa.

O culto a  Santísima Virxe funde as  súas raíces nos primeiros séculos do cristianismo.

Con San Pedro Nolasco, na primeira metade do século XIII, comeza a invocarse á Stma. Virxen baixo o coñecido título “da  Mercé”. Santa María da Mercé é certamente unha invocación antiga, pero sempre nova e actual, porque  expresa unha aparencia esencial do misterio de María, evocando a súa presenza maternal e misericordiosa en  favor dos fiels cristiáns “que corren perigos e ansiedade, para que, rotas as cadeas de toda opresión, alcancen a plena libertade do corpo e do espírito”.

Venerar a Virxe, baixo o título da Mercé, é o mesmo que recurrir a ela como nai de misericordia en  favor de aqueles que son os máis marxinados da sociedade. “Mercé” na idade media é sinónimo de misericordia, piedade ou compasión, exercida para con aqueles que se hallan privados de liberdade e en perigo de perder a súa fe cristián. A misericordia mercedaria é efectiva e afectiva, non humilla a persoa, sinon, polo contrario  redímea e libéraia, e dignificaia. Desta misericordia está necesitado o mundo actual.