Con máis de 60 anos de experiencia na ensinanza, somos un dos centros de máis prestixio da nosa vila.
Como centro mercedario queremos dar continuidade ó proceso histórico iniciado por San Pedro Nolasco (Fundador da Orden da Mercé), no 1218, en termos de hoxe e ofrecer luz sobre o porqué do noso proceder no mundo educativo. Son, pois, fundamentos específicos do noso estilo educativo:
1.- Unha entrega total dos/as educadores/as á tarefa da educación con espíritu de gratuidade, paciencia, autenticidade, entusiasmo e amor ós/ás alumnos/as. Iso supón unha atención a súa persoa trascendendo ó rendemento académico e colaborando, de modo eficaz, na acción educativa dos pais.
2.- Un clima de ledicia e amizade que brota do diálogo e a liberdade de expresión, e se traduce nun trato respetuoso, sinxelo e cercano entre todos/as os que forman a comunidade educativa e que fai posible a vivencia dos valores nos que queremos educar.
3.- Un mundo máis xusto, humano, fraterno e libre, por iso queremos contribuír a instauración da xustiza, facendo operativas as esixencias da misma, dun xeito especial, na vida escolar de cada día, o que supón a exixencia dunha actitude responsable, liberada de condicionamentos persoais e sociais.
4.- A finalidade da misión educativa mercedaria é ofrecer formación integral e liberadora, de tal xeito que a acción educativa e o testimonio dos/as educadores/as sexan unha invitación constante a crecer en liberdade según o Evanxelio.
5.- Apostamos por unha educación liberadora que abre as persoas ó uso responsable da súa liberdade e o respecto a liberdade dos demais. A luz das grandes escravitudes – cautividades – que atenazan o noso mundo a educación cobra para nós, como mercedarios, unha importancia extraordinaria, como plataforma liberadora e anuncio da Boa Nova de Xesús.
6.- Fomentamos o amor a nosa Nai da Mercé, como modelo para os crentes de muller libre e liberadora, comprometida coas necesidades do seu tempo; transmitindo a sinxeleza ledicia de María; vivindo como Ela ó servizo da Palabra.
7.- Ofrecemos posibilidades concretas de actuación e cauces de participación no espíritu mercedario.
8.- Estamos abertos/as a todos/as aqueles/as que queiran orientar a súa vida segundo o Evanxelio; dun modo preferencial, queremos que os “pequenos”, os pouco capaces, os desmotivados, os carentes de recursos de calquiera tipo encontren en nos/as a axuda necesaria que lles permita crecer como persoas.
9.- A forza integradora do noso centro radica na comunidade educativa. A educación é obra de toda a comunidade educativa. Todos os membros que a forman (alumnos/as, pais/nais, educadores/as e persoal non docente e colaborador) son membros activos dende a tarefa educativa. Educamos dende unha comunidade educativa que forma as persoas para o comunitario.
O noso compromiso é o desenvolvemento dunha acción formativa de calidade no marco do noso ideario mercedario.
Estamos a vosa disposición.