Converter a lectura nunha práctica diaria e institucional.
A lectura constitúe un factor fundamental para o desenvolvemento das competencias clave. É de especial relevancia o desenvolvemento de estratexias de comprensión de lectura de todo tipo de textos e imaxes, en calquera soporte e formato. Co fin de fomentar o hábito e o dominio da lectura así como o da comunicación, os centros docentes organizan a práctica docente de todas as materias, de xeito que se garanta neta a incorporación dun tempo de lectura e práctica da oratoria nos termos recollidos na nosa concreción curricular.
Reservar un tempo fixo dentro do horario lectivo para ler e buscar a regularidade lectora dentro do horario escolar. Para crear hábito lector hai que permitir elección.
Potenciar biblioteca escolar e adquirir máis exemplares do interese do alumnado. O importante é ler.
Ler entre 8 e 15 libros ao ano só no centro.
O alumnado pode escoller distintos tipos de lectura: novela, cómic, dvulgación, manga,biografías, deporte, ciencia, misterio, fantasía, textos históricos, artigos científicos, clásicos adaptados, prensa etc.
Todo o centro ou un nivel pode ler o mesmo libro durante un periódo.
A lectura diaria debe ser principalmente individual, respecta ritmos, xerá autonomía, reduce conflictos, aumenta o tempo real de lectura e así a lectura pasa a ser responsabilidade de todo o centro.
O alumnado percibe que:
LER É IMPORTANTE
Os adultos tamén len
Non é un castigo escolar
Obsectivos do Proxecto para a concreción curricular:
Incrementar o tempo de lectura voluntaria do alumnado ata un mínimo de 20 minutos diarios dentro do horario lectivo.
Mellorar a competencia lectora en todas as materias mediantes estratexias común de comprensión.
Favorecer a creación dun hábito lector estable e autónomo.
Converter a lectura nun elemento identitario.
Incrementar progresivamente o número de libros lidos por alumno durante o curso.