A organización é esencial para optimizar o tempo de estudo. En ocasións todos os alumnos/as necesitan unha guía ou axuda para poder levala a cabo.
Por iso, este servizo é tan importante no noso centro. Ao longo dos anos, demos continuidade a esta estratexia de aprendizaxe que aporta a cada persoa aquilo que necesita.
É un estudo flexible e independente no que os alumnos/as adquiren
responsabilidade de traballo e ó mesmo tempo se senten acompañados polo profesorado propio do centro que colabora co alumnado.
En definitiva, a nosa labor no colexio Mercedario, está nunha continua ligazón, de tal xeito que a comunicación é absoluta cos profesores, pais e nais. É inconcibible unha boa educación sen unha ampla comunicación con todas as partes. Isto é sinónimo de garantía de éxito.
HORARIO: De martes a xoves de 16:00 a 17:15.