No colexio, Apostólico Mercedario, complementamos o noso plan formativo cun servizo altamente demandado no centro. A residencia escolar, é un servizo que facilitamos a toda a comarca de Verín, Xinzo de Limia e a provincia de Ourense. Está deseñado para compatibilizar a vida familiar co traballo e o ritmo de vida actual.

Os espazos amplos, cunha superficie de 8000 metros cuadrados, fan que neste intre, gozemos dunha gran seguridade para desenvolver a docencia, con todas as medidas de desinfección e distanciamentos recomendables.

A través dun ambiente familiar, garantimos unha educación integral onde aprender e educar van unidos.

Existe unha estreita colaboración entre o persoal da residencia que controla e supervisa os estudos dos residentes, co Equipo de Profesorado. Esta comunicación é esencial para que as familias estén informadas do seguimento do alumno ó longo de todo o curso escolar.

Instalacións

  • Habitacións individuais con baño
  • Habitacións compartidas
  • Zonas de estudo
  • Zonas de recreo
  • Zonas de xogo
  • Espazo dixital
  • Zonas verdes